Torneo de Xadrez de Pascua

Torneo de Xadrez de Pascua

Bo día:

A Concellería de Educación e a Escola Luguesa de Xadrez organizan o Torneo de Xadrez de PASCUA dirixido a escolares, do que enviamos cartel. Celebrarase o próximo domingo 15 de marzo de 16:30  horas a 19:30 horas, no soto da praza de Abastos de Lugo.

A inscrición poderase realizar ata o 13 de marzo ás 20 horas no seguinte formulario en liña: . https://forms.gle/TAQYBoMN7C72F7HD6 . 

Habería 2 categorías: unha categoría entre participantes que teñan obtido “ranking” FIDE, rangos clasificatorios da Federación Internacional de Xadrez e outra OPEN de afeccionados sen ELO FIDE. Entre as 16:00 h e as 16:20 levarase a cabo o control de inscrición.  

Os e as participantes deben estar federados/as. No caso de non estalo débese marcar que desexan federarse e a Escola Luguesa de Xadrez pode federalos/as no de forma gratuíta.

Para calquera consulta as familias poden chamar ao 657 974937.

Saúdos,


8 hours ago
Praza de Abastos, Lugo
Carril do Mercado, Casco Vello, Lugo, Galicia, 27001, España
Add to calendar
Download flyer