Concerto de ULEX

undefined

ULEX @ulex.oficial
Data 12 de marzo
Hora aprox 21:10/ despois de @xianpais
Lugar Praza de Santa María en casa de condicións meteorolóxicas adversas Auditorio Facultade de Veterinaria

Ulex fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Fardando de funda azul coma indumentaria, e con influencias de bandas galegas como Ataque Escampe, Familia Caamagno, Grande Amore, The Rapants ou O Sonoro Maxín esta banda chamada coma o nome científico do toxo fai rock atolondrado – como din eles – con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega.
LONXE DE TI En febreiro de 2025 publican o seu primeiro disco, ‘Lonxe de ti’ . Con retrousos pegañentos e ao xeito dun diario, Ulex fálannos nas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da dor e do tempo que lles toca vivir.

ROCK ATOLONDRADO ‘Atolondrado’ é o título dunha das cancións da banda compostelá e dela nace esta etiqueta que nos serve para explicar dúas cousas: reivindicar que todo é analóxico e que a banda toca guitarras, baixo e batería en rigoroso directo e para recoñecerse na montaña rusa dos anos mozos.

Data límite para apuntarse ao encontro: Sábado 8 de marzo ás 15:00 h no correo cultura.lugo@usc. O encontro terá lugar ás 12:30 na Casa do Saber

Organiza @cultura_usc @usc
Colabora @vicedepulugo @culturaturismolugo

#primaveraculturalusc #lugocultural #lubicán #universidade #musicagalega

See less


3 days ago
Praza de Santa María, Lugo
Praza de Santa María, Casco Vello, Lugo, Galicia
Add to calendar
Download flyer