Noite dos morcegos na Pobra do Brollón

Noite dos morcegos na Pobra do Brollón

A “Noite dos Morcegos” é unha actividade divulgativa e participativa que nos achega ao fascinante mundo destes animais nocturnos, fundamentais para o equilibrio dos ecosistemas.

Celebrarase na Pobra do Brollón o venres, 8 de maio, entre as 20:00 e as 24:00 horas. A xornada comezará cunha presentación a cargo de Ramsés Pérez, seguida dunha charla sobre os quirópteros e o bosque de ribeira impartida por Xosé Pardavila (SOREX). Durante a noite haberá tamén unha pequena merenda e, como momento central, realizarase unha actividade de monitoreo de morcegos no seu hábitat natural, onde as persoas participantes poderán observar e coñecer de preto estas especies.

Trátase dunha oportunidade única para descubrir a importancia da conservación da biodiversidade.

As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta no correo ramses@adega.gal. 

Únete!

in 12 days
A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón