Asemblea Aberta da Marcha Mundial das Mulleres

undefined

♀️ O pasado 17 de abril celebramos en Lugo, no C.S Madia Leva, unha asemblea aberta da Marcha Mundial das Mulleres. Esta xuntanza realizouse co gallo de constituírnos formalmente para botar a andar na cidade este proxecto feminista de acción colectiva.

Durante o encontro, baralláronse distintas actividades de cara aos vindeiros meses, sempre co obxectivo de reivindicar un feminismo con conciencia de clase, comprometido coa nación galega, cos dereitos LGBTI e cos principios anticapitalistas, decoloniais e antirracistas.

A vindeira asemblea aberta está prevista para o 8 de maio e nela seguiremos traballando de cara ao acto de rúa que será tamén a presentación da Coordenadora Local. Dende a Marcha Mundial das Mulleres de Lugo convidámosvos a participar nas próximas xuntanzas, nas cales agardamos seguir tecendo redes de diálogo e loita feminista.

in 3 days
Madia Leva, Lugo
Rúa Serra de Ancares, Casco Vello, Lugo, Galicia, 27001
Add to calendar
Download flyer