XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral
A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral vai ter lugar o sábado 24 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.
- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixesen asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.
Programa
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.30 Conferencia: "Enredos coa propia lingua: a palabra tamén é un brinquedo" con Antón Cortizas
11.30-12.30 Conferencia: "Cartografía da infancia. Apego e tenrura nos cantos de reis" con Lorena Pinheiro
12.30-14.00 Mesa redonda: "Poñerlle palabras á experiencia do mundo" con Antón Cortizas e Lorena Pinheiro. Modera: Lois Pérez
16.00-17.00 Conferencia: "A transmisión da tradición oral dende o berce" con Pavís Pavós
17.00-18.00 Conferencia: "Detrás de Pedro Chosco. As voces das mulleres nos arrolos" con Iria Sobrino Freire
18.00-19.30 Mesa redonda:: "O conto e o canto: o papel da lingua na adquisición do código" con Pavís Pavós e Iria Sobrino. Modera: Eva Teixeiro
19.30-20.30 Sesión práctica: "Os xogos tradicionais como elemento normalizador: a experiencia de XOTRAMU"