Torneo festa "Fin de Curso"
TORNEO FESTA FIN DE CURSO
Celebrarase o domingo 14 de xuño de 16:00 a 19:30. O torneo será na praza maior de Lugo (se o tempo non ou permite, no soto da praza de Abastos).
Control Asistencia (obrigatorio) de 16.00 a 16:30 (se algún xogador ou xogadora non pasou polo control de asistencia durante ese horario, entrará unha rolda máis tarde).
Interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario monitor do colexio, no email escolaluguesaxadrez@gmail.com ou no formulario https://forms.gle/BXKq65QRf6NNsh1q8
O torneo será totalmente gratuíto. A inscrición poderase realizar ata o 6 de xuño ás 20 horas. Ritmo de xogo 10 + 3 segundos.
As categorías serán:
1.Xogadores con clasificación Internacional
2.Open sen clasificación internacional.
Categorías: Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e absoluto sen elo fide.
Os tres mellores participantes no open terán trofeo e os demáis, medallas.
Todos os participantes deben estar federados, se algún non ou estivese, a Escola Luguesa de Xadrez pode federalos no club de forma gratuíta, pero deben marcar que desexan federarse.