Presentación da Asociación Cidadá Agra dos Castros

Presentación da Asociación Cidadá Agra dos Castros

A Asociación Cidadá Agra dos Castros, recentemente constituída, realizará o seu acto de presentación oficial o día 26 de xuño ás 20h na Praza da Milagrosa.

A nosa asociación nace coa vontade de ser un espazo de socialización e integración de toda a cidadanía do norte da cidade, independentemente da súa procedencia. Queremos formar un espazo de diálogo aberto á participación promovendo iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza, ao desenvolvemento social, cultural e comunitario dos nosos barrios.

Queremos que este acto de presentación sexa tamén unha oportunidade para recoñecer o traballo e a entrega das persoas que ao longo dos anos dedicaron esforzos e ilusión ao movemento veciñal. Por este motivo, renderemos unha merecida homenaxe a Valentín Arias Pontón, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa durante dúas décadas, en agradecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso constante coa defensa dos intereses do barrio e da súa veciñanza.

A xornada contará coa actuación musical da Coral Lucus Terra, que contribuirá a facer desta cita un encontro de convivencia e cultura.


in 2 days
Praza da Milagrosa, Lugo
Cidade Norte, A Milagrosa, Lugo, Galicia, España
Add to calendar
Download flyer