Concentración "recuperemos a bandeira de Palestina"

undefined

Lugo foi das primeiras cidades en amosar o seu apoio a Palestina tanto na rúa, dende o activismo enchendo as rúas e con múltiples accións, como dende o Concello, sendo o primeiro do Estado español en aprobar unha moción de apoio ao pobo palestino.

Atopámosnos agora coa primeira acción de Elena Candia e o novo equipo de goberno que é retirar a bandeira palestina do Vello Cárcere.

Un xesto simbólico que amosa o lado máis vil e noxento ridiculizando aos milleiros de palestinos asasinados polo estado israelí.

Poderíamos esperar de todo por parte de quen accedeu ao Concello con tres mortos e unha tránsfuga; pero non imaxinabamos superar este límite ético e moral, tan deshumanizador como cruel.

Convocamos a todo o mundo para que se concentre diante do Vello Cárcere –un lugar de memoria histórica contra a barbarie– para esixir que se repoña a bandeira XA!

LUGO ESTÁ CON PALESTINA!

LUGO ESTÁ NO LADO CORRECTO DA HISTORIA.

Vémonos este sábado 9 ás 12:00 diante do Vello Cárcere

6 days ago
O Vello Cárcere, Lugo
Rúa Soto Freire, San Roque, Lugo, Galicia, 27001, España
Add to calendar
Download flyer