Acto público “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞"
O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞”.
Fronte ao auxe belicista imposto polas “democracias” capitalistas, a mocidade nacionalista reivindicamos un modelo de paz e soberanía.
A barbarie actual levada a cabo sobre a Palestina, Venezuela, Cuba, Irán ou o Líbano obríganos a mobilizarnos como nunca antes, mostrando a nosa solidariedade interncionalista e repulsa ante calquera caso de inxerencia.
Tamén debemos sinalar publicamente aos actores principais que participan na industria armamentística, tamén no noso país.
Por isto e moito máis, agardámoste o próximo sábado 23 de maio ás 12:30h na Rúa Soto Freire (ao carón do Vello Cárcere).
in 7 days
Rúa Soto Freire, Lugo
Rúa Soto Freire, San Roque, Lugo, Galicia, 27001, España